miércoles, 14 de abril de 2021

GAÑADOR DO CERTAME DE POESÍA XOSÉ M. LÓPEZ ARDEIRO 2020

 Roberto Rodríguez gaña o Certame de poesía Xosé M. López Ardeiro 2020



“O gañador da edición 2020 do Certame de Poesía Xosé M. López Ardeiro é o poemario Teimas dun ninguén, de Roberto Rodríguez González, natural de Ourense e que reside en Santa Cruz de Tenerife, o que lle impediu recoller o premio de 700€ en persoa. O outro finalista foi Francisco Javier Fernández Davila, de Nigrán, coa obra Microrretratos, cun premio de 300€. É a decisión do xurado presidido por José Antonio Ponte Far, xunto con Xulio López Valcárcel; María Rey; María López Sández e Diana Varela.

Participou na entrega Manuel Ángel Leis Míguez, alcalde de Negreira, e Anxo M. Lorenzo, secretario xeral de Cultura (Xunta de Galicia), contando coa actuación musical do dúo Minguante. A obra gañadora será editada pola Dirección Xeral de Políticas Culturais coa entrega de 300 exemplares á persoa gañadora. Esta foi a edición de maior concorrencia de poemarios con 34 traballos presentados.”




FONTE:   



GAÑADOR DO CERTAME VILARIÑAS 2021

 Elixidos os premios do certame Vilariñas 2021



Marga Pazos de Lousame, Jeferson Costa Leite de Brasil e Quique Roxíos son os gañadores da V edición do certame de micro-poesía Vilariñas.

O xurado, composto polos membros da Nova Poesia Guitirica NPG, resolveu despois dunha difícil análise pola calidade dos poemas presentados.

Foron casi 90 as Vilariñas presentadas de diversos lugares do país, Asturias, Portugal, Brasil e tamén do Estado nun certame que se está a facer referencial na poesía galega e que complementa ao Premio Díaz Castro, tamén de Guitiriz.

O Certame Vilariñas naceu como homenaxe ao poeta do Vilariño Xosé María Díaz Castro, o poeta das cousas pequenas, e inspirouse no seu poema A Espada que fala das herbas pequerrechiñas e o nome de Vilariñas ao seu lugar de procedencia, o Vilariño na parroquia quitiricense dos Vilares.

O prémio é unha peza deseñada pola artista muxián Viki Rivadulla que simboliza a unha muller galega co paxaro da inspiración na cabeza.

O primeiro premio foi para Mar Pazos, unha moza de Lousame residente en Vigo, o segundo corresponde a Jeferson Costa Leite de Alegrete, no sur de Brasil, e o terceiro ao coñecido poeta de Boal en Asturias Quique Roxíos.

Este ano a diversidade linguística do galego-portugués viuse representada nas Vilariñas, onde as variantes idiomáticas conviven en armonía.

As Vilariñas siguen a viaxar ademáis de polos diferentes rincóns do país nestas cinco edicións, tamén por diferentes lugares  do estado e mesmo alén mar, ao sul do planeta.

Si a situación sanitaria o permite, o acto de entrega será o 13 de xuño en Guitiriz conxuntamente co Premio Díaz Castro de poesía.



FUENTE:  

GAÑADOR DO V PREMIO XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO DE POESÍA

 PABLO BOUZA SUÁREZ, GAÑADOR DO V PREMIO XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO DE POESÍA


Na tarde de hoxe, 22 de febreiro, tivo lugar en sesión telemática, a instancias do Concello de Guitiriz, a xuntanza do xurado que decidiu o V Premio Xosé María Díaz Castro de Poesía que, logo da pertinente deliberación, decidiu conceder o galardón, por unanimidade, ao volume presentado baixo o título Coma o ruído que fan as portas das igrexas ao pecharse que, unha vez aberta a plica, resultou ser da autoría de: PABLO BOUZA SUÁREZ

No poemario gañador o xurado composto por Ánxela Gracián (como vogal), Miguel Anxo Fernán Vello (en calidade de presidente), Armando Requeixo (vogal) e Marisol Morandeira (secretaria, con voz e sen voto) estimou a diáfana construción poemática dun conxunto que se eleva desde a transparencia da voz, a forza das imaxes e a sonoridade da arquitectura dos períodos e das estrofas. Tamén si, salientou a habelencia á hora de incorporar ao discurso propio referentes da mellor tradición universal, desde Valente ata Carver pasando por Wilde ou Schopenhauer.

O xurado quixo salientar, así mesmo, a calidade dos traballos presentados a concurso, que evidencian o estado de magnífica saúde da nosa poesía e a simpatía coa que, desde as primeiras convocatorias, está a ser acollido o premio que leva o nome do máis célebre poeta de Guitiriz e un dos seus mellores embaixadores.

O gañador recibirá como dotación económica un premio de 2.000 euros e verá publicado o seu poemario pola Editorial Espiral Maior.



fonte:  


GAÑADOR DO CERTAME DE NARRACIÓN CURTA ÁNXEL FOLE CON "IMAXES ROUBADAS"

María Dolores Araújo gaña o Certame de Narración Curta Ánxel Fole con ‘Imaxes roubadas’

O xurado destacou “a linguaxe suxestiva que axuda a organizar o relato, que flúe e en ocasións remata de xeito sorprendente”.



A obra Imaxes Roubadas, da viguesa María Dolores Araújo, foi a escollida polo xurado do XXII Certame de Narración Curta Ánxel Fole, que anualmente organiza o Concello de Lugo xunto coa colaboración de Edicións Xerais de Galiza. A gañadora recibirá un premio de 4.000 euros e a obra será publicada por Xerais.

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presidiu a xuntanza do xurado, que contou con Antía Yañez, Rocío Leira e María Xosefa Senín.

A obra Imaxes roubadas destacou sobre as demais, a xuízo das integrantes do xurado, porque “nos descobre un mundo literario paralelo ao artístico. Preséntanos vinte e nove historias ateigadas de sensibilidade e tenrura, cunha linguaxe suxestiva que axuda a organizar o relato, que flúe e en ocasións remata de xeito sorprendente. A diversidade está presente nos seus temas: a soidade, a incomprensión, a sororidade, o amor, o erotismo, o rexeitamento da misoxinia, a denuncia da miseria... “

O xurado valora positivamente que de once obras de arte do século XX, seis estean realizadas por mulleres, sen esquecer o protagonismo feminino na maioría de relatos. Ademais, a presenza da arte galega é salientábel.





FUENTE:  


GAÑADOR DO CERTAME DE RELATOS DE MULLER MATILDE BARES

Sira Vidal gaña o Certame de Relatos de Muller Matilde Bares

Coa obra “O espertar do teu nome”.


Sira Vidal Laxe gañou o XI Certame de Relatos de Muller Matilde Bares de Bueu coa obra “O espertar do teu nome”. O xurado, conformado por Eva Mejuto, Fátima Chamadoira e Arturo Sánchez Cidrás decidiu elixir este relato como gañador. Del destacaron que é unha historia a dous tempos que trata da descuberta dun segredo familiar que acaba facendo que a protagonista se enfronte con outra perspectiva ao seu futuro, no que se aborda o tema importante da emigración tamén vivida polas mulleres en Galiza e os prexuízos aos que antes e agora se viron sometidas.

A autora farase cunha dotación económica de 1.500 euros, e o relato publicarase proximamente da man do Concello. Este certame ten como obxectivos fomentar a igualdade entre homes e mulleres, a corresponsabilidade nas obrigas familiares e sociais e o debate arredor da violencia machista, e supón unha das principais liñas de actuación do goberno local en materia de igualdade.

O premio, nacido no 2005, rende unha homenaxe a Matilde Bares, mestra de labor recoñecida que se esmerou na preparación de ata tres xeracións na vila morracense, ademais de organizar actividades culturais e grupos de teatro. Nos seus inicios, este concurso erixiuse como unha referencia no sector literario, e ten premiado a persoas destacables no campo da cultura e a novas voces.




FUENTE: