O alcalde
resalta a calidade literaria do III Certame de Relatos Vigo Histórico
Abel Caballero eloxiou a calidade literaria do III
Certame de Relatos Vigo histórico durante a presentación do fallo do xurado que
por primeira vez premia a unha muller e un texto en galego. No mes de decembro
realizarase o acto de entrega dos recoñecementos, que inclúe cinco accésits.
O alcalde de
Vigo acudiu o venres á Casa Galega da Cultura para presentar o fallo do
xurado do III Certame de Relatos Vigo Histórico. É primeira vez que o relato
gañador está escrito en galego e que a vencedora é unha muller, María del
Carmen Pereiro Oliveira, co título Nunha maleta caben todos os ventos.
Organizado
pola Editorial Elvira, co patrocinio do Concello, a organización inclúe 5
accésits, que recaeron en Pilar Ortega Pereiro (Sereo); Lidia Gregorio Selas
(Xente do mar); María Comesaña Romero (El florón); Miguel Pereira Rodrigo
(Charcos) e, por último, Urbano Barrios Santamaría (La chica del violenchelo).
Presentáronse
un total de 203 traballos, pero 33 foron descartados por non cumprir as bases
do concurso. Dos 170 relatos, 136 foron en castelán e o resto, en galego. En
canto ao xénero, o 57% dos aspirantes ao premios foron homes e o 43%, mulleres,
polo que a participación foi bastante igualada.
No tocante a
procedencia dos autores, Galicia é a comunidade que máis aspirantes achega,
sobre todo desde Pontevedra e Vigo, pero tamén hai participantes de doutras
zonas de España e doutros países, principalmente, latinoamericanos.
Concretamente, recibíronse relatos de Arxentina, Venezuela, Cuba, Chile,
Nicaragua, Colombia, República Dominicana, Costa Rica ou Holanda.
O xurado
desta terceira edición estaba formado polo pintor Antón Pulido; o editor Bieto
Ledo;a filóloga e mestra Concepción Varela Portela; os xornalistas Jacobo
Buceta e Noelia Otero; a filóloga e documentalista Sonia González López e o
profesor e escritos Julio Alonso. Este ano, botouse de menos ao insubstituíble poeta
Carlos Oroza.
FUENTE:
LOS CAZADORES DE CONCURSOS LITERARIOS XVIII (JUNIO 2016) Publicado el concurso, el viernes 8 de abril del 2016 en el
Blog.
No hay comentarios:
Publicar un comentario