A revista
«Astronomía», premio Prismas do xurado
Os galardóns da Casa das Ciencias entregaránse o 12 de
novembro en María Pita
Os
premios Prismas Casa das Ciencias á Divulgación veñen de dar a coñecer o ditame
da súa XXIX edición, despois de que o xurado se reunise esta fin de semana para
deliberar e emitir o seu fallo, nas categorías de mellor traballo en vídeo,
mellor sitio web, mellor libro editado, mellor texto inédito, mellor artigo
xornalístico e mellor traballo de radio, ademais do Prisma especial do xurado. Os
galardóns entregaranse nun acto que terá lugar o vindeiro 12 de novembro no
pazo de María Pita.
Así, un vídeo que descobre a vida dunha
bacteria intestinal, unha web que reivindica a ciencia como parte da cultura,
un texto inédito que describe como o caos e os fractais axudan a desentrañar a
complexidade, un libro que aborda en profundidade a orixe do universo, da vida
e da especie humana, un artigo xornalístico que aborda o funcionamento real
dunha anestesia e unha peza radiofónica sobre a posibilidade de manipular a
memoria son os traballos que recibirán os Prismas de Bronce nesta convocatoria
dos galardóns, que impulsan os Museos Científicos coruñeses para potenciar a
difusión da cultura ea educación científica e apoiar ás e aos profesionais
neste campo. Neste
2016, o Prisma Especial do Xurado vai para a revista Astronomía , unha publicación da que o xurado destaca a traxectoria, así como a súa
«adaptación aos novos contextos comunicativos, sabendo manter o interese do
público durante as últimas tres décadas». Ademais, nesta edición outórgase unha mención
honorífica ao programa «Radio o lo que sea, entrevista a Alessandro Griffini»,
de Radio Roncalli.
O
xurado desta vixésimo novena edición dos Prismas estivo presidido por Juan
Ignacio Pérez, director da Cátedra de Cultura Científica da UPV/EHU (Bilbao). A súa composición complétase con nomes como o
da xornalista Nieves Gordón, responsable do Departamento de Comunicación e
Márketing do Planetario de Pamplona; José Miguel Mulet Salort, profesor de
biotecnoloxía da Universidade Politécnica de Valencia ?e autor dun libro
gañador dun Prisma Casa das Ciencias?; a xornalista Elena Lázaro Real, coordinadora
técnica da Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de
Córdoba; Luis
Martínez Otero, neurocientífico especializado en percepción e investigador do
CSIC no Instituto de Neurociencias de Alicante, e Clara Grima, profesora da
área de Matemática Aplicada da Universidad de Sevilla, e gañadora dun Prisma
Casa das Ciencias, ademais do xefe de servizo dos Museos Científicos coruñeses,
Ángel Loureiro Pereiro, que actuou como secretario.
Finalmente, o dictame do xurado foi:
• Mellor traballo en vídeo: «Soy esa bacteria
que vive en tu intestino», de Julio Ruiz Monteagudo.
• Mellor sitio web: Principia , de Enrique Royuela, Cristina Escandón e
Javier Díaz-Romeral.
• Mellor libro editado: «Orígenes. El Universo, la vida, los
humanos », de Carlos Briones, Alberto Fernández Soto
e Jose Mª Bermúdez de Castro, editado por Editorial Crítica do Grupo Planeta.
• Mellor texto inédito: « Fractales y caos. La aventura de la
complejidad », de Vicent J. Martínez, Fernando J. Ballesteros e Silvestre Paredes.
• Mellor artigo xornalístico: « El funcionamiento de la
anestesia continúa siendo un misterio », de Jesús Méndez González, publicado na
Agencia Sinc.
FUENTE:
LOS CAZADORES DE CONCURSOS LITERARIOS XXII (SEPTIEMBRE 2016) Publicado el concurso, el lunes 1 de agosto del 2016 en el
Blog.
No hay comentarios:
Publicar un comentario