Margarita Ledo, primeira muller
galardoada co Premio Otero Pedrayo
A académica, cineasta e catedrática foi proposta pola
Deputación de Pontevedra
Por
primeira vez nos seus corenta anos de historia, o Premio Otero
Pedrayo acaba de ser otorgado a una muller, a académica, cineasta e
catedrática Margarita Ledo Andión. A proposta, que foi aprobada por
unanimidade, foi realizada pola Deputación de Pontevedra, entidade encargada de
convocar e conceder o premio na edición 2017. A presidenta deste organismo
provincial, Carmela Silva, e o deputado de Cultura, Xosé Leal, foron
os encargados de transmitirlle telefonicamente a noticia á propia Margarita
Ledo ao remate da xuntanza do xurado reunido en Pontevedra baixo a
presidencia do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo.
Según informou a Deputación pontevedresa, na
conversa, Carmela Silva, ademais de felicitala, aproveitou para comentarlle á
gañadora que «houbo moitísimas intervencións durante a reunión, porque todos os
membros do xurado quixeron intervir e falaron con moitísimo agarimo e con
moitísimo respecto sobre a túa traxectoria”. Silva engadiu que «é un
premio de todos, sobre todo das mulleres». E Xosé Leal felicitouna tamén
por ser pioneira en recibir o galardón como muller.
No informe da súa proposta, a Deputación de Pontevedra
destacou especialmente de Margarita
Ledo «a súa traxectoria vital, profesional e intelectual marcada pola súa temperá militancia política, o exilio e o
lectorado de galego na Facultade de Letras da
Universidade de Porto, o xornalismo comprometido e as primeiras investigacións sobre as relacións dos intelectuais republicanos
portugueses e galegos». Tamén salientou
que «foi pioneira en centrarse en investigacións e xéneros audiovisuais que non estaban desenvolvidos na Galiza e sempre
tendo presente a perspectiva de xénero en
todos os seus traballos, investigacións e intervencións públicas».Por último, se referenciou que «foi unha defensora, a través
de toda a súa traxectoria, do idioma galego
con valor identitario e cultural de seu, e en pé de igualdade cos demais idiomas da península Ibérica e do mundo.”
Margarita Ledo Andión naceu en Castro de Rei, Lugo, no ano
1951, e é escritora, cineasta,
doutora en Ciencias da Información pola Universitat Autònoma de Barcelona e Catedrática de Comunicación Audiovisual da
Universidade de Santiago de Compostela.
É membro da Real Academia Galega desde o ano 2009, converténdose na quinta muller membro desta institución.
Ademais ocupa a cadeira que entre 1929 e 1976
ocupara o gran escritor Ramón Otero Pedrayo.
LOS CAZADORES DE CONCURSOS LITERARIOS XXXIX (SEPTIEMBRE 2017) Publicado el concurso, el sábado 5 de agosto del 2017 en el
Blog.
No hay comentarios:
Publicar un comentario