O
escritor estremeño Miguel Ángel Carmona gaña o XXVIII Premio de Narrativa
Camilo José Cela
O xurado reuniuse esta mañá no salón de plenos do consistorio
para deliberar
O escritor pacense Miguel
Ángel Carmona del Barco (Badajoz, 1979) resultou gañador
do XXVIII Concurso de Narrativa Camilo José Cela convocado
polo Concello de Padrón polo seu relato “Sin Cicerone”, presentado baixo o lema
“Mandelbrot”. Tal e como recollen as bases do certame, o autor estremeño
recibirá 1.500 euros en metálico e unha estatuiña de Camilo
José Cela.
Segundo informou o Concello
de Padrón, despois de varias valoracións e votacións por parte do xurado, que
se reuniu este mediodía no salón de plenos do consistorio, o relato de Miguel
Ángel Carmona del Barco foi elixido gañador “por maioría”
tras avaliar os 155 orixinais presentados.
Nesta ocasión o xurado
estivo presidido pola concelleira de Cultura de Padrón, Lorena
Couso; e integrado polo profesor da Facultade de Filoloxía da
Universidade de Santiago de Compostela (USC) Anxo Abuín González, o
tamén profesor na mesma facultade Juan Casas Rigal, a
profesora da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de VigoCarmen
Becerra Suárez, a licenciada en Filoloxía Inglesa Beatriz
Vázquez Lorenzo, o funcionario da Consellería de Cultura Carlos
Arias Iglesias, e a funcionaria do Concello de Padrón María
Cruz Taboada Álvarez.
Segundo indicaron tras as
deliberacións, a decisión do xurado fundamentouse no “dinamismo narrativo
conseguido a través dun diálogo realista da utilización dunha voz feminina
complexa, que se enfronta a temas de absoluta actualidade, como a posición dunha
muller na sociedade contemporánea, cun ton que varía entre a dureza e a
tenrura”. Ademais, o xurado salientou “a caracterización dos personaxes
secundarios cun mínimo de recursos narrativos e o manexo acertado de técnicas
do conto como o final aberto”.
Miguel
Ángel Carmona del Barco é
licenciado en Humanidades e diplomado en Biblioteconomía e Documentación. Entre
as súas obras figuran as novelas “La dignidad dormida”, “Viaje en segunda” e
“Palabra de chocolate” e libros de contos e relatos como “Manual de autoayuda”
e “Escalera de caracol”.
LOS CAZADORES DE CONCURSOS LITERARIOS XI (JULIO 2017) Publicado el concurso, el viernes 9 de junio del 2017 en el
Blog.
No hay comentarios:
Publicar un comentario